Alén do laboratorio: desenvolvemento profesional para científicos

2023

Acción formativa que se centrou en proporcionar aos asistentes unha orientación práctica para o seu desenvolvemento de carreira. Abordáronse aspectos relevantes relacionados co desenvolvemento do perfil profesional no ámbito da investigación, tales como a identificación de oportunidades laborais, a toma de decisións, as estratexias para redactar un currículo vitae e consellos para superar entrevistas de traballo, entre outros temas de interese.

Esta actividade tivo como público destinatario investigadores doutorandos de segundo, terceiro e cuarto ano de centros da Rede CIGUS. Desenvolveuse en modalidade presencial os días 15 e 16 de novembro de 2023, cunha duración de 16 horas.
Subir ao principio Subir ao principio