O obxectivo desta formación foi ofrecer aos asistentes os coñecementos necesarios para adoptar os principios, as prácticas e as ferramentas de ciencia aberta na actividade de investigación. Para iso, abordáronse elementos clave, como o acceso aberto a publicacións e a xestión e apertura de datos . Ademais, identificáronse e avaliáronse prácticas que permiten aliñar a investigación cos principios da ciencia aberta en todas as etapas do proceso de investigación. Como complemento, presentáronse recursos e ferramentas para facilitar a súa implementación.
Esta actividade estivo dirixida a investigadores e doutorandos dos centros da rede CIGUS e persoal das universidades do SUG. Desenvolveuse en modalidade presencial o 11 de outubro de 2023, cunha duración total de 7 horas.