Formación focalizada en ofrecer os coñecementos necesarios para asesorar na planificación e xestión dos datos derivados de proxectos de investigación. Esta acción tamén lles permitiu aos asistentes coñecer os aspectos que debe incluír un plan de xestión de datos e as ferramentas e recursos necesarios para cubrilo adecuadamente, familiarizarse cos requirimentos de Horizonte Europa e doutras entidades financiadoras nesta materia e profundar nos servizos de xestión de datos que se poden ofrecer desde un centro de investigación.
Esta formación tivo unha duración de 4 horas e realizouse na modalidade presencial o 22 de novembro de 2022. Nela participou persoal de apoio aos investigadores dos centros CIGUS.
Esta formación tivo unha duración de 4 horas e realizouse na modalidade presencial o 22 de novembro de 2022. Nela participou persoal de apoio aos investigadores dos centros CIGUS.