Como identificar e avaliar doadores potenciais e definir a nosa proposta de valor

Acción formativa centrada na identificación e avaliación de doadores potenciais e na definición de propostas de valor atractivas para facilitar e mellorar nos centros CIGUS a captación de fondos por esta vía.

Esta actividade, de 8 horas de duración, desenvolveuse na modalidade de teleformación en outubro de 2021. Nela participaron directores, xestores e investigadores principais dos centros pertencentes á Rede CIGUS.

Esta formación complementouse cunha actividade de mentoring individual enfocada a identificar en cada centro unha mostra de 20 doadores potenciais en España e outro territorio e a desenvolver a súa proposta de valor particular.
Subir ao principio Subir ao principio