Estratexia de comunicación da Rede CIGUS

Elaboración da estratexia de visibilidade e promoción da marca CIGUS que persegue un dobre obxectivo: mellorar o recoñecemento e o posicionamento dos centros que levan este distintivo e da Rede que os aglutina, tanto no ámbito nacional como internacional, e poñer en valor o talento e os proxectos de investigación galegos para responder aos retos actuais e futuros da sociedade.

A estratexia desenvolvida presenta un enfoque de 360 graos e integra accións de comunicación interna e externa e accións de posicionamento. Tamén aborda cuestións reputacionais e a coordinación da Rede no ámbito comunicativo cos centros e coa Xunta de Galicia.
Subir ao principio Subir ao principio