Actuación orientada a mellorar a xestión e a optimizar a reutilización dos datos de investigación dos centros CIGUS e das súas universidades de adscrición. O plan de traballo comprendeu a realización dun diagnóstico da situación dos centros e das universidades galegas en relación coa xestión de datos e a elaboración dunha serie de recomendacións para orientar o desenvolvemento dunha estratexia de xestión de datos de investigación no Sistema Universitario de Galicia, con especial foco nos centros CIGUS. O documento resultante deste traballo actuará como folla de ruta que se seguirá no desenvolvemento da estratexia e do seu plan de acción asociado.