Esta actividade formativa centrouse en afondar nos fundamentos e enfoques da avaliación responsable da investigación, abordando diferentes perspectivas que permiten comprender o seu impacto no funcionamento das institucións científicas. Ao longo da sesión traballouse na análise de como inflúen os procesos de avaliación nas organizacións, así como no contexto, na necesidade e nos principios que sustentan un modelo responsable e coherente de avaliación.
Así mesmo, exploráronse as oportunidades que ofrece CoARA, revisando os seus principios, obxectivos e funcionamento tanto no ámbito internacional como no contexto español. Tamén se presentaron novas métricas e enfoques cualitativos que están a xurdir como alternativas nos procesos de avaliación científica, e identificáronse estratexias, prácticas e ferramentas útiles para promover o impulso dun plan de avaliación responsable a nivel institucional e de política científica.
Esta actividade estivo dirixida ao persoal de dirección e xestión dos centros da Rede CIGUS. Realizouse en modalidade presencial o 27 de marzo e tivo unha duración de 2 horas. A sesión foi impartida por Eva Méndez, directora do Open Science Lab da Universidade Carlos III de Madrid. É profesora do Departamento de Biblioteconomía e Documentación da mesma universidade, onde foi ademais Vicerreitora Adxunta de Política Científica e de Estratexia e Educación Dixital, cunha traxectoria profesional que inclúe a coordinación de diversos proxectos de meta-investigación vinculados á ciencia aberta, como o desenvolvemento de iniciativas de ciencia cidadá. Entre as súas responsabilidades internacionais destaca ter presidido a Open Science Policy Platform da Comisión Europea (2018–2020) e formar parte actualmente da Xunta Directiva de CoARA (Coalición para o Avance na Avaliación da Investigación).