O obxectivo desta actividade formativa foi ofrecer unha visión integral do programa María de Maeztu, combinando a análise da súa orixe e características cunha revisión dos criterios de avaliación baseados en estándares internacionais. Así mesmo, abordouse o itinerario que debe seguir unha unidade desde a definición do obxectivo ata a obtención da acreditación, se é o caso.
Ademais, tratáronse os beneficios clave asociados a esta distinción, incluíndo o acceso a financiamento competitivo, o recoñecemento institucional e a atracción de talento investigador, elementos fundamentais para reforzar a proxección internacional dos centros de investigación.
Esta actividade estivo dirixida ao persoal de dirección e xestión dos centros da Rede CIGUS. Realizouse en modalidade presencial o 20 de marzo, tivo unha duración de 2,5 horas e foi impartida por Cristina Espa, responsable dos programas do eixe de Dinamización, Fortalecemento e Excelencia da Subdivisión de Programas Transversais, Fortalecemento e Excelencia da Axencia Estatal de Investigación, que estivo á fronte dos programas Severo Ochoa e María de Maeztu desde a súa creación.