Guía que ten como obxectivos prioritarios proporcionar pautas prácticas para integrar a perspectiva de xénero na investigación e contribuír a crear unha cultura de igualdade de xénero nos centros, habilitando os mecanismos oportunos para o seu seguimento e control.
A guía diríxese fundamentalmente a responsables e persoal científico de centros de investigación e estrutúrase en tres capítulos e dous anexos.
O capítulo 1 pon en contexto a guía, xustificando a súa necesidade, e presenta os conceptos clave (sexo e xénero) e as dúas dimensións da incorporación da perspectiva de xénero (xestión de persoas e actividade investigadora) sobre os que se articulará o documento. O capítulo 2 expón, de xeito práctico, como ten que abordarse a perspectiva de xénero desde o punto de vista organizacional. O capítulo 3 céntrase na incorporación da perspectiva de xénero na actividade investigadora, abarcando tanto a selección de liñas de investigación por parte do equipo de investigación como todas e cada unha das fases do proxecto. O anexo 1 ofrece pautas prácticas concretas para incorporar a dimensión de xénero en cada un dos ítems do formulario das convocatorias europeas e o anexo 2 orienta sobre como incorporar o xénero nas institucións de investigación a través do selo «HR Excellence in Research».