Interlocución, coordinación e rendición de contas entre a dirección do centro e o seu máximo órgano de goberno

Formación orientada a xerar unha cultura de rendición de contas e a homoxeneizar a estrutura da información presentada ao consello reitor dos centros, en particular, no que respecta ao informe de dirección e ao informe económico e patrimonial. En relación coa información económica, tamén se presentou na formación un modelo en formato Excel para estandarizar o seu uso entre os centros.

Esta actividade, de 6 horas de duración, desenvolveuse na modalidade de teleformación en novembro de 2021. Contou coa participación dos directores dos centros CIGUS e doutro persoal destes que lle presta soporte á dirección na preparación da información económico-financeira ou científica para a rendición de contas.
Subir ao principio Subir ao principio