Marco de referencia e posicionamento da Rede CIGUS en materia de igualdade

2022

Acción que ten como obxectivo impulsar o liderado dos centros CIGUS en materia de igualdade de xénero, proporcionándolles un marco común de actuación, indicadores para monitorizar a súa actividade neste ámbito e recomendacións para implantar a súa propia folla de ruta.

A adopción deste Marco de Referencia permitiralles aos centros CIGUS avanzar na súa excelencia, aliñar a súa xestión coas políticas e directrices nacionais e europeas nesta materia, promover a transparencia na xestión do seu persoal e evidenciar o seu compromiso activo coa igualdade de oportunidades, como parte fundamental do seu compromiso coa sociedade.
Subir ao principio Subir ao principio