Modelo económico-financeiro de rendición de contas

Modelo económico-financeiro orientado a facilitar e homoxeneizar a rendición de contas dos centros CIGUS ante os seus órganos reitores e entidades financiadoras.

O deseño do modelo deu lugar á elaboración dun modelo en formato Excel, que persegue unha dobre función:

  • Favorecer a análise dos estados financeiros dos centros ao proporcionar información sobre o seu orzamento e liquidación orzamentaria nun ano determinado.

  • Facilitar a realización de proxeccións cara ao futuro no marco dos informes de viabilidade financeira que esixe a lexislación autonómica.

Subir ao principio Subir ao principio