Esta formación foi deseñada para ofrecer un espazo de reflexión e aprendizaxe, onde o alumnado puidese mellorar as súas competencias e adquirir estratexias e recursos para xestionar as presións e cargas diarias de maneira máis eficiente e incrementar a súa resiliencia fronte ao cambio.
Durante o curso, traballáronse técnicas para a xestión do estrés mediante un enfoque práctico, o que permitiu aos/ás participantes gañar confianza, mellorar o seu benestar emocional e, en última instancia, optimizar o seu desempeño como investigadores/as.
A formación tivo unha duración de 8 horas e realizouse en modalidade presencial en dous grupos, un o 15 de outubro de 2024 e outro o 16 de outubro de 2024. En ambos grupos participaron doutorandos e investigadores dos centros da Rede CIGUS.