As investigadoras do IGFAE Dolores Cortina e Beatriz Fernández participan no descubrimento dun novo estado exótico da materia: o tetraneutrón

19 de Maio de 2023

As investigadoras do IGFAE Dolores Cortina e Beatriz Fernández participan no descubrimento dun novo estado exótico da materia: o tetraneutrón

A investigadora en ciencias sociais e escritora Flavia Costa participará no próximo Transfronteirizas, Conversas de Arte e Ciencia o mércores 16 de novembro ás 20:00 horas na canle de YouTube do IGFAE, membro da Rede CIGUS. Promovido polo ArtLab do IGFAE, Costa e o investigador José Edelstein debaterán os novos desafíos do actual escenario tecnolóxico, político e cultural, o denominado Tecnoceo. Segundo a hipótese de Costa, os procesos de dixitalización exponencial e o uso de datos masivos, os sistemas de vixilancia e o posible horizonte dunha superintelixencia artificial abren unha nova era superadora do Antropoceo, termo acuñado no ano 2000 polo ganador do Premio Nobel Paul Crutzen para definir a era xeolóxica actual, caracterizada polo significativo impacto global que as actividades humanas teñen sobre os ecosistemas terrestres.

Organizado polo ArtLab do IGFAE, membro da Rede CIGUS, Transfronteirizas, Conversas de Arte e Ciencia é un ciclo de diálogos virtuais emitidos en YouTube no que figuras do ámbito cultural son invitadas a explorar as interseccións entre a arte e a ciencia xunto ao persoal investigador, buscando un enfoque interdisciplinario. Nacido o 15 de maio de 2020, en plena pandemia, con Rosa Montero, polo ciclo pasaron personaxes como Javier Ruibal, Alejandro Dolina, Anna R. Figueiredo ou Agustín Fernández Mallo co obxectivo de tender pontes e fomentar a participación entre a sociedade e a comunidade investigadora a través de distintas expresións artísticas.

Traxectoria

Flavia Costa é doutora en Ciencias Sociais pola Universidade de Buenos Aires (UBA) e investigadora do Consello Nacional de Investigacións Científicas e Técnicas (CONICET). Desempeña o seu labor como profesora asociada do Seminario de Informática e Sociedade da Facultade de Ciencias Sociais da UBA, titular do seminario de doutoramento Estética, Biopolítica, Estado de Excepción. Unha Lectura de Giorgio Agamben nesa mesma facultade, e do seminario Teorías da Cultura e do Poder. Michel Foucault, na Escola Interdisciplinaria de Altos Estudos Sociais da UNSAM. Integra o colectivo Ludión. Exploratorio Latinoamericano de Poéticas/Políticas Tecnolóxicas e foi unha das fundadoras da revista Artefacto. Pensamientos sobre la técnica. É autora da novela Las anfibias (Adriana Hidalgo, 2008) e de numerosas publicacións sobre tecnoloxía, cultura e sociedade. O seu último libro titúlase Tecnoceno. Algoritmos, biohackers y nuevas formas de vida (Taurus, 2021).

Subir ao principio Subir ao principio