atlanTTic, pertencente á UVigo, un dos centros de investigación da Rede CIGUS e que recibe financiamento da Xunta de Galicia
19 de Maio de 2023

As tres universidades públicas galegas e a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia asinaron dous acordos de colaboración en materia de actividade investigadora e financiamento para os centros de investigación do Sistema Universitario de Galicia (CIGUS).
O conselleiro destacou que «nos últimos tres anos, os centros de investigación do Sistema Universitario de Galicia (CIGUS) lograron uns datos verdadeiramente notables, cunha repercusión positiva próxima aos 80 millóns de euros en proxectos competitivos e con cerca de 1800 investigadores e investigadoras traballando neles. Os logros obtidos polos centros de investigación de Galicia confirman que estes polos son a xoia da coroa dos nosos proxectos de I+D+i», dixo o titular de Universidades da Xunta.
Pola súa banda, os centros de investigación acreditados da Universidade de Vigo recibirán cerca de 1,4 millóns de euros da Xunta de Galicia co obxectivo de impulsar o sector das TIC na comunidade, dos que atlanTTic, un dos centros da Rede CIGUS, recibirá unha contía duns 300 000 euros.