AVISO LEGAL

A Fundación Empresa Universidade Galega (en diante, FEUGA), co NIF G15051667 e inscrita no Rexistro de Fundacións de Interese Galego co número 155, pon á disposición das persoas usuarias de Internet a PLATAFORMA TECNOLÓXICA www.cigus.gal de balde. Non obstante, algúns dos contidos e servizos da PLATAFORMA TECNOLÓXICA non serán accesibles sen o rexistro previo e/ou pagamento do importe que, de ser o caso, corresponda de acordo coas condicións particulares destes. O acceso á PLATAFORMA TECNOLÓXICA e o seu uso é totalmente voluntario e atribúelle a quen o realiza a condición de PERSOA USUARIA. Toda PERSOA USUARIA acepta, desde o mesmo momento no que accede, sen ningún tipo de reserva, o contido destas «condicións xerais», así como, de ser o caso, as «condicións particulares» que poidan complementalas, substituílas ou modificalas nalgún sentido en relación cos servizos e contidos da PLATAFORMA TECNOLÓXICA. En consecuencia, a PERSOA USUARIA deberá ler detidamente unhas e outras antes do acceso e da utilización de calquera servizo da PLATAFORMA TECNOLÓXICA baixo a súa enteira responsabilidade. En calquera caso, FEUGA reserva para si o dereito de, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, denegarlles o acceso a este sitio a aquelas persoas usuarias que incumpran calquera destas condicións xerais ou das particulares que lles sexan de aplicación e informámolo/a de que cumprimos coa obriga de posuír rexistrados, como mínimo, un dos dominios dos que somos titulares no rexistro correspondente.

Obxecto e modificación de condicións

FEUGA pon á disposición das PERSOAS USUARIAS a posibilidade de navegar, accedendo aos contidos e servizos da PLATAFORMA TECNOLÓXICA sempre que o fagan de acordo co previsto nestas CONDICIÓNS XERAIS.

En calquera caso, FEUGA reserva para si o dereito de, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificar ou eliminar o contido, estrutura, deseño, servizos e condicións de acceso e/ou uso deste sitio, sempre que o estime oportuno.

Responsabilidade da persoa usuaria

A PERSOA USUARIA obrígase a utilizar os servizos e contidos que lle proporciona a PLATAFORMA TECNOLÓXICA conforme a lexislación vixente e os principios de boa fe e usos xeralmente aceptados e a non contravir coa súa actuación a través da web a orde pública. Xa que logo, queda prohibido todo uso con fins ilícitos ou que prexudiquen ou impidan, poidan danar e/ou sobrecargar, de calquera forma, a utilización e normal funcionamento da PLATAFORMA ou que, directa ou indirectamente, atenten contra estas ou contra calquera terceiro.

A persoa usuaria da PLATAFORMA TECNOLÓXICA non transmitirá a través do servizo nada que atente contra os valores e a dignidade das persoas, de acordo coas normas nacionais e internacionais de protección dos dereitos humanos.

A persoa usuaria da PLATAFORMA TECNOLÓXICA comprométese a subministrar información verdadeira e exacta sobre ela mesma no formulario de rexistro.

Así mesmo, queda prohibida a reprodución, distribución, transmisión, adaptación ou modificación, por calquera medio e en calquera forma, dos contidos da web da PLATAFORMA TECNOLÓXICA (textos, deseños, gráficos, informacións, bases de datos, arquivos de son e/ou imaxe, logotipos…) e demais elementos deste sitio, salvo autorización previa dos seus lexítimos titulares ou cando así resulte permitido pola lei.

Prohíbese, así mesmo, respecto dos contidos antes detallados, calquera utilización comercial ou publicitaria, distinta da estritamente permitida, de ser o caso, e a vulneración, en xeral, de calquera dereito derivado destes.

A PERSOA USUARIA será a única responsable polo uso deste sitio e polo cumprimento destas CONDICIÓNS XERAIS na súa totalidade. En consecuencia, a PERSOA USUARIA obrígase a manter en segredo, co carácter de información confidencial e reservada, as súas claves de acceso, contrasinais ou datos similares asignados para acceder á PLATAFORMA TECNOLÓXICA ou a calquera dos seus servizos e será responsable de calquera dano ou perda de toda natureza derivada do mal uso realizado por si ou por terceiras persoas, tanto contra a mesma persoa usuaria, considerándose estes como consecuencia da súa neglixencia, como os que poida sufrir FEUGA como consecuencia do incumprimento destas CONDICIÓNS XERAIS.

Calquera infracción destas CONDICIÓNS XERAIS pode dar lugar aos procedementos extraxudiciais ou xudiciais civís ou penais que correspondan contra a persoa usuaria.

Rexistro da persoa usuaria

FEUGA reserva algúns dos servizos ofrecidos a través da PLATAFORMA TECONOLÓXICA para as PERSOAS USUARIAS rexistradas mediante a cobertura dos formularios accesibles a través da web. A pesar disto, FEUGA pon á disposición das persoas usuarias determinados servizos cuxa utilización require que cubran rexistros adicionais.

FEUGA tratará automatizadamente os datos persoais coas finalidades e as condicións definidas na súa política de privacidade que consta neste aviso legal.

Exclusión de garantías e de responsabilidade

FEUGA non garante nin se fai responsable, en ningún caso nin circunstancia, dos seguintes feitos e contidos nin de calquera dano ou perda que puidese, de ser o caso, derivar destes:

  • Falta de dispoñibilidade, continuidade, acceso, mantemento e efectivo funcionamento da web e/ou dos seus servizos e actualización, exactitude, exhaustividade, pertinencia, actualidade e fiabilidade dos seus contidos, calquera que sexa a causa, e as dificultades ou problemas técnicos ou doutra natureza nos que teñan a súa orixe estes feitos.
  • Transmisión e/ou existencia de virus, outros elementos ou programas lesivos para o equipo das persoas usuarias que puidesen afectarlles como consecuencia do acceso, uso ou exame do sitio ou que producisen alteracións nos seus documentos electrónicos ou ficheiros.
  • Uso ilícito, neglixente, fraudulento, suplantando a personalidade dun terceiro ou contrario ao contido destas condicións xerais, á boa fe, aos usos xeralmente admitidos ou á orde pública da web, dos seus servizos e contidos polas PERSOAS USUARIAS.
  • Vicios ou defectos dos contidos e/ou servizos aos que se acceda a través da PLATAFORMA TECNOLÓXICA.
  • Recepción, almacenamento, obtención, difusión ou transmisión por parte das PERSOAS USUARIAS dos contidos da PLATAFORMA TECNOLÓXICA.
  • Coñecemento de calquera información que puidesen posuír ou utilizar terceiras persoas non autorizadas das características e circunstancias do uso dos contidos e servizos da PLATAFORMA TECNOLÓXICA polas PERSOAS USUARIAS.
  • Incumprimento, por parte de terceiraos persoas, das súas obrigas derivadas ou contraídas en relación cos servizos prestados ás PERSOAS USUARIAS a través da PLATAFORMA TECNOLÓXICA, así como falta de calidade, fiabilidade, adecuación ao ofertado, licitude, utilidade e dispoñibilidade dos servizos prestados por terceiros e postos á disposición das PERSOAS USUARIAS neste sitio.

A enumeración anterior ten simple carácter enunciativo e, en ningún caso, exclusivo nin excluínte en ningún dos seus puntos. En todos os casos, FEUGA EXCLÚE CALQUERA RESPONSABILIDADE POLOS DANOS E PERDAS DE CALQUERA NATUREZA DERIVADOS DIRECTA OU INDIRECTAMENTE DESTES E DE CALQUERA OUTRO NON ESPECIFICADO DE ANÁLOGAS CARACTERÍSTICAS.

Dereitos de propiedade intelectual e industrial

Os textos, deseños, imaxes, bases de datos, logos, estrutura, marcas e demais elementos deste sitio están protexidos polas leis e os tratados internacionais sobre propiedade intelectual e industrial. Calquera reprodución, transmisión, adaptación, tradución, modificación, comunicación ao público ou calquera outra explotación de todo ou parte do contido deste sitio, efectuada de calquera forma ou por calquera medio, electrónico, mecánico ou outro, están estritamente prohibidos salvo autorización previa por escrito de FEUGA. Calquera infracción destes dereitos pode dar lugar aos procedementos extraxudiciais ou xudiciais civís ou penais que correspondan.

FEUGA non concede ningunha licenza ou autorización de uso de ningunha clase sobre os seus dereitos de propiedade intelectual e industrial ou sobre calquera outra propiedade ou dereito relacionado coa PLATAFORMA TECNOLÓXICA, os servizos ou os contidos desta.

Para os efectos de preservar os posibles dereitos de propiedade intelectual, no caso de que calquera PERSOA USUARIA ou unha terceira considere que se produciu unha violación dos seus lexítimos dereitos pola introdución dun determinado contido na web, deberá notificarlle esta circunstancia, por escrito, a FEUGA, rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n (Campus Universitario Sur), 15705 Santiago de Compostela.

Lexislación aplicable e xurisdición

Estas condicións xerais rexeranse pola lexislación española.

Para cantas cuestións puidesen suscitarse ou accións exercitarse derivadas da prestación do servizo da PLATAFORMA TECNOLÓXICA e dos seus servizos e contidos e sobre a interpretación, aplicación, cumprimento ou incumprimento do aquí establecido, FEUGA e a PERSOA USUARIA, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles, sométense á xurisdición dos xulgados e tribunais de Santiago de Compostela.

Subir ao principio Subir ao principio