CIM

Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo

Logo CIM color

Universidade de Vigo
Ámbito: Mariño

O Centro de Investigación Mariña (CIM), creado en 2016, é o elemento central da estratexia mariña do SUG, potenciando a súa capacidade para contribuír ao avance das ciencias e da educación oceánicas. Nos últimos anos, o CIM logrou situarse como referente na xeración, transferencia e divulgación de coñecemento sobre o ecosistema mariño e costeiro e no desenvolvemento dunha economía azul sostible.

O CIM ten como misión contribuír á conservación e ao uso sostible dos océanos, mares e recursos mariños a través da xeración e transferencia de coñecemento e, como visión, ser un centro de referencia internacional para a investigación mariña e un actor clave na innovación e divulgación azul no arco atlántico europeo.

Conta cunha posición consolidada no estudo e seguimento dos efectos do quecemento global no ecosistema mariño-costeiro, a ecotoxicoloxía mariña, a explotación sostible dos recursos mariños e a xestión integral da zona costeira e forma parte da infraestrutura de investigación europea de recursos biolóxicos mariños EMBRC-ERIC.

ÁREAS DE INVESTIGACIÓN

Acuicultura e explotación sostible dos recursos Acuicultura e explotación sostible dos recursos
Cambio global e contaminación Cambio global e contaminación
Xestión integrada da zona costeira Xestión integrada da zona costeira
Biodiversidade e servizos ecosistémicos Biodiversidade e servizos ecosistémicos
Enerxías renovables e novos recursos Enerxías renovables e novos recursos
728

publicacións, 28,6% no 1º decil (período 2020-2023)

16,6M €

de financiamento competitivo en 2020-2023

2

investigadoras ERC

+670

actividades de divulgación científica (período 2020-2023)

+200

investigadores/as e 50 técnicos/as de apoio en 2023

PROXECTOS DESTACADOS

Este proxecto, liderado polo CIM, coordina 20 institucións entre as que se encontran os principais biobancos mariños de Europa. Durante os seus catro anos de duración, desenvolvéronse novas tecnoloxías e protocolos comúns para o mantemento ex situ de recursos biolóxicos mariños e harmonización dos xa existentes para que os diferentes biobancos traballen de maneira coordinada baixo o European Marine Biological Resource Centre (EMBRC). Ademais, o proxecto prestoulle especial atención á implementación de procedementos e ao desenvolvemento dunha guía de boas prácticas para cumprir coa nova lexislación sobre acceso aos recursos xenéticos mariños. Esta lexislación foi desenvolvida no marco do convenio sobre a diversidade biolóxica de Nacións Unidas co obxectivo de protexer os intereses dos países de orixe dos recursos.

Tipo de proxecto: INTERREG-Atlantic Area
Ámbito de especialización do CIM: Biodiversidade e servizos ecosistémicos
Período de execución: do 16/10/2017 ao 30/07/2023

Presupuesto del centro: 1.613.595,00 €

Ir á páxina do proxecto

Este proxecto, liderado polo CIM-UVigo, a través do Campus do Mar, contou cun financiamento de 1,1 millóns de euros. BLUEBIOLAB puxo en marcha un laboratorio de excelencia científica en biotecnoloxía mariña que se centra nalgúns dos grandes retos aos que se enfronta a sociedade e o medio ambiente a través do estudo dos recursos biolóxicos mariños prestando especial atención á súa explotación sostible. As liñas de investigación preferentes abordan temas como acuicultura e biotecnoloxía, desenvolvemento de novos compostos bioactivos e biomateriais de orixe mariña e a utilización de tecnoloxías ómicas para a comprensión da biodiversidade mariña. Como socios desta iniciativa están as universidades da Coruña, Santiago e Minho, o CSIC, o IEO e o CIIMAR.

Tipo de proxecto: INTERREG-POCTEP

Ámbito de especialización do CIM: Biodiversidade e servizos ecosistémicos / Acuicultura e explotación sostible dos recursos

Presupuesto total financiado: 1.122.152€

Plazo de realización: do 01/01/2018 ao 05/04/2022

Ir á páxina do proxecto

O proxecto LABPLAS ten como obxectivo desenvolver novas técnicas e modelos para a cuantificación de micro e nanoplásticos. En concreto, LABPLAS determinará métodos de identificación fiables para lograr unha avaliación máis precisa da abundancia, a distribución e a determinación da toxicidade destes plásticos e das substancias químicas asociadas a eles no medio ambiente. E tamén desenvolverá ferramentas computacionais prácticas para facilitar a cartografía dos puntos álxidos dos plásticos e favorecer unha gobernanza do plástico con solidez científica.

Tipo de proxecto: H2020

Ámbito de especialización do CIM: Cambio global e contaminación

IP del centro: Ricardo Beiras

Presupuesto total financiado: 5.011.111,00 €

Plazo de realización: do 01/06/2021 ao 31/05/2025

Ir á páxina do proxecto

MarRisk busca un crecemento intelixente e sostible das zonas litorais de Galicia e norte de Portugal mediante a avaliación dos riscos costeiros máis importantes nun escenario de cambio climático. Inundacións, intensificación de eventos extremos, episodios de algas tóxicas ou erosión costeira son exemplos de riscos que cómpre analizar co fin de mellorar a resiliencia dos sectores económicos tradicionais e doutros sectores emerxentes, como as enerxías renovables mariñas. Deste xeito, mellorouse a adaptación da Área de Cooperación Galicia-Norte de Portugal ante posibles catástrofes e desenvolveranse aplicacións e servizos para garantir unha resposta.

Tipo de proxecto: INTERREG-POCTEP

Ámbito de especialización do CIM: Cambio global e contaminación / Xestión integrada da zona costeira

IP del centro: Ramón Gómez Gesteira

Presupuesto del centro: 2.217.771,00 €

Plazo de realización: do 01/06/2017 ao 30/06/2021

Ir á páxina do proxecto

O proxecto consiste no desenvolvemento dunha embarcación de investigación oceanográfica de última xeración, tamaño medio (19,5 m de eslora x 5,4 de manga) e propulsión híbrida enchufable, cun sistema de xeración de enerxía baseado en paneis solares con celas policristalinas conectadas a un cargador e dous aeroxeradores conectados aos seus sistemas de control. Integra un sistema innovador de propulsión respectuoso co medio ambiente e un modelo de xestión eficiente, que facilita a obtención de datos oceanográficos de gran calidade técnica conducentes á execución dunha I+D multidisciplinaria, de excelencia e altamente competitiva no contorno rexional, nacional e internacional, en ámbitos con grande impacto social, económico e ambiental como o cambio climático, a pesca, a biodiversidade ou a xestión de riscos.

A nova infraestrutura, promovida polo Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM), será xestionada como un servizo da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT), centro de apoio á investigación (CAI) pertencente á infraestrutura europea EMBRC e dependente do CIM e da UVigo, con capacidade de facturación, mantemento e prestación de servizos científico-técnicos especializados.

Entidade financiadora: Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades

Ámbito de especialización do CIM: Todos

IP del centro: Daniel Rey

Presupuesto del centro: 1.500.000,00 €

Plazo de realización: do 01/11/2022 ao 01/11/2024

OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTENIBLE

ODS Vida Submariña

Contacto

Icono Webhttps://cim.uvigo.gal/

Icono Emailcim@uvigo.es

Icono Telefono+34 986 130 279

Icono Pin MapaDirección. Edificio Filomena Dato
Campus de Vigo
36310 Vigo. Galicia. (Spain)

Daniel Rey GarcíaDirector
Subir ao principio Subir ao principio