
Universidade de Santiago de Compostela
Ámbito: Química molecular – Biomedicina – Ciencia de materiais
O CiQUS é un centro de investigación pertencente á Universidade de Santiago de Compostela que iniciou a súa actividade no ano 2011 coa misión de promover o avance do coñecemento no campo das ciencias moleculares e a visión de converterse nun referente internacional en investigación interdisciplinaria en química, e na súa interfase coa bioloxía e a ciencia de materiais.
Para elo, o CiQUS integrou un equipo investigador xove e dinámico arredor dun proxecto común e creou un contorno estimulante, multidisciplinario e colaborativo, capaz de abordar retos científicos de alcance na fronteira do coñecemento.
Outros obxectivos fundamentais do centro están relacionados coa formación das próximas xeracións de científicos e líderes académicos e profesionais, a atracción do talento e a transferencia de parte dos seus desenvolvementos tecnolóxicos. Toda esta actividad repercutirá de forma moi directa no progreso socioeconómico do contorno e permitirá unha mellor percepción social do papel da química e da ciencia en xeral.
ÁREAS DE INVESTIGACIÓN
publicacións, o 47 % en coautoría internacional (período 2020-2023)
captados de proxectos competitivos (período 2020-2023)
proxectos ERC activos no período 2020-2023
proxectos de valorización e proba de concepto activos (período 2020-2023)
persoal investigador en 2023
PROXECTOS DESTACADOS
Os progresos na química de superficies e as técnicas de caracterización permitiron recentemente obter imaxes directas de intermediarios de reacción, incluso no ámbito de moléculas individuais. O equipo do proxecto MolDAM, financiado con fondos europeos, utiliza a microscopia de efecto túnel para manipular a carga dos electróns dentro das moléculas e controlar a súa reactividade. No proxecto combínanse coñecementos técnicos da síntese en solución de moléculas orgánicas específicas, a química de superficies, a manipulación de átomos e as técnicas de caracterización de molécula única. Espérase que o traballo do proxecto revele unha gran cantidade de información sobre novos tipos de reactividade química. Mediante o uso de pulsos ultrarrápidos, os investigadores desentrañarán os mecanismos de transformación molecular cunha resolución espazo-temporal sen precedentes.
Referencia: ERC-2020-SyG-951519
O metano, o compoñente principal do gas natural, utilízase sobre todo como combustible, pero tamén pode converterse nun material excepcional para o seu uso en síntese orgánica como axente metilante. Non obstante, o metano presenta unha reactividade moi baixa, o que limita a súa utilización. A estratexia principal que segue o proxecto BECAME para aumentar a reactividade deste gas baséase en utilizar metais de transición para activar os enlaces de carbono e hidróxeno en combinación con outros que catalizan o proceso de metilación. Os investigadores de BECAME confían en que o método proposto desvele información sobre reaccións de acoplamento cruzado catalíticas e a activación do carbono e do hidróxeno, e que sirva como base fundamental para a funcionalización sostible e eficaz do metano.
Referencia: ERC-2019-CoG-863914
Os cancros de pulmón, mama, colon e páncreas provocan a morte de aproximadamente tres millóns de persoas ao ano, o que representa máis do 40 % de todas as mortes por cancro do mundo. Moitas quimioterapias para tratar estes cancros baséanse en fármacos citotóxicos e non eliminan as células nai cancerosas (CSC, polas súas siglas en inglés), unha pequena poboación de células tumorais que son as principais responsables da quimiorresistencia e a recidiva da enfermidade. Ata agora, existen moi poucas terapias antiCSC, en parte debido á plasticidade inherente destas células.
Os investigadores deste proxecto identificaron compostos químicos que son capaces de dirixirse especificamente á respiración mitocondrial nas CSC e, polo tanto, poderían evitar a resistencia ao tratamento mediada por CSC e a recidiva.
Os resultados nas CSC pancreáticas e en modelos preclínicos derivados de pacientes demostran unha actividade anticancerosa potente. É importante destacar que os estudos in vivo suxiren unha toxicidade secundaria asociada baixa. Co apoio de CaixaResearch, este equipo multidisciplinar validará a tecnoloxía en modelos preclínicos de diferentes tumores xerados por CSC e desenvolverá un plan de comercialización para facilitar o seu acceso ao mercado.
Institución financiadora: La Caixa Research Consolidate 2021
Un dos obxectivos máis importantes da nanomedicina é a aplicación de nanopartículas para a administración de fármacos e para o diagnóstico clínico. O proxecto SPACING, financiado con fondos europeos, pretende desenvolver unha tecnoloxía innovadora para deseñar nanopartículas con configuracións de ligandos similares a cápsides virais, co fin de que poidan ofrecer prestacións similares no ámbito do transporte e estabilidade en lisosomas. A tecnoloxía de SPACING, ademais, permitirá impulsar as estratexias actuais de fabricación de nanopartículas.
Referencia: ERC-2020-StG-950421
TraffikGene-Tx é o primeiro proxecto EIC Transition financiado en Galicia polo European Innovation Council. Este proxecto persegue o deseño e validación, a nivel de ensaios preclínicos, de novas estratexias de tratamento baseadas en ARN terapéutico. Máis en concreto, TraffikGene traballará no desenvolvemento de portadores peptídicos modulables e personalizados para a súa aplicación como medicamentos, a partir da súa propia patente de inmunoterapia baseada en ARN. Os produtos resultantes prevén un potencial alcance de millóns de pacientes e unha redución dos custos de atención médica.
Institución financiadora: The European Innovation Council (EIC)
Referencia: HORIZON-EIC-2022-TRANSITION-01-101113110
OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTENIBLE





