O CiTIUS presenta os seus resultados científicos na xornada tecnolóxica Inside the lab
8 de Xullo de 2025
O CiTIUS, centro adscrito á universidade de Santiago e pertencente á rede CIGUS, unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia que aglutina os centros do sistema que acreditaron a súa excelencia científica celebrou o pasado 4 de xullo os seus resultados científicos ante a empresa e administración na súa xornada Inside the lab: tecnoloxía punta para satisfacer as necesidades do tecido socioeconómico.
Este encontro estaba dirixido a empresas, a administración e a organizacións interesadas en xeral en establecer sinerxias mediante proxectos de I+D, licenzas de tecnoloxía ou asociacións estratéxicas
Unha xornada única, concebida para facilitar a transferencia de coñecemento desde a universidade, achegando valor ao tecido produtivo na que se presentaron un total de 11 demostradores tecnoloxicos desenvolvidos no centro e 2 spin-off.
Os proxectos presentados pertenecen a diferentes ámbitos, demostradores como SAIA: análise de imaxe médica animal, unha interface que permite xestionar e analizar automaticamente datos de resonancia magnética en ratas, e un sistema que impulsa a investigación biomédica ao facilitar o acceso a técnicas avanzadas a equipos de investigación sen coñecementos de programación; ou BreastAnalyser, unha ferramenta que facilita a análise automática de imaxes inmunohistoquímicas para o diagnóstico do cancro de mama (https://gitlab.citius.gal/analyser/breastanalyser).
Varios destes proxectos pertenecen ao eido ambiental por exemplo LiDAR,unha solución baseada na intelixencia artificial para a mellora da xestión forestal; ou un sistema de identificación automática de especies de algas mariñas mediante análise de imaxes submarinas, con especial interese para as industrias farmacéutica e alimentaria.
No ámbito da visión artificial expuxeronse dous demostradores de gran nivel innovador: un deles en torno á detección visual de obxectos sobre FPGA, que identifica persoas en tempo real mediante dispositivos programables, e outro de detección de eventos mediante sensores CMOS de alto rendemento, que detecta cambios en escenas a nivel de píxel.
Entre as spin-offs presentadas destaca energHius, xurdida recentemente da investigación do centro, esta nova compañía de base tecnolóxica sérvese da tecnoloxía Nanostart® para capturar pequenas cantidades de enerxía ambiental, facilitando así unha nova xeración de dispositivos para Internet das cousas (IoT), ultra pequenos e sen batería.
Este proxecto que destaca a innovación en tecnoloxía sostible compartiu espazo coa spin-off mais lonxeva do CiTIUS (Situm) que acudiu a través de GAIA by Situm; un demostrador enmarcado no proxecto IA360, que ofrece unha plataforma intelixente para proporcionar información xeoespacial en tempo real e adaptada a traballadores e xestores segundo as súas necesidades específicas