David Posada, investigador do CINBIO, Medalla de Investigación da Real Academia Galega de Ciencias 2023

4 de Outubro de 2023

David Posada, investigador do CINBIO, Medalla de Investigación da Real Academia Galega de Ciencias 2023

David Posada coa medalla (Fotos: Suso Rivas)

David Posada, catedrático da Universidade de Vigo e líder do grupo de Filoxenómica do CINBIO, centro que pertence á Rede CIGUS, unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia que aglutina os centros do sistema que acreditaron a súa excelencia científica, recibiu unha das Medallas de Investigación 2023 que outorga a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC).

Ao investigador do CINBIO outorgóuselle a Medalla Ángeles Alvariño González no ámbito da bioloxía e das ciencias da saúde, unha distinción coa que a RAGC recoñece o labor dun científico cunha longa traxectoria profesional no campo da evolución molecular e a bioloxía computacional. Destacan os seus achados para a reconstrución de árbores filoxenéticas a través de ferramentas bioinformáticas; así como os seus estudos sobre a orixe e evolución do VIH, virus causante da sida. Actualmente lidera o grupo de Filoxenómica no seo do Centro de Investigacións en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO) da Universidade de Vigo, que se centra na evolución molecular de xenomas, células, poboacións e especies.

Subir ao principio Subir ao principio