IGFAE acolle a realización da festa da computación cuántica

10 de Outubro de 2023

IGFAE acolle a realización da festa da computación cuántica

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), que pertence á Rede CIGUS, unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia que aglutina os centros do sistema que acreditaron a súa excelencia científica, acolle do 18 ao 20 de outubro a realización de Quantpostela, a festa da computación cuántica.

Este evento, que forma parte do Qiskit Fall Fest 2023, ten como obxectivo introducir o alumnado universitario e o público xeral nas bases da computación cuántica. Quantpostela levarase a cabo nas instalacións do IGFAE (aula B), desde as 10 da mañá do 18 de outubro.

O rexistro no evento, así como o calendario completo, poden consultarse na web do evento.

Subir ao principio Subir ao principio