A estación terrestre de Banda-S para seguemento de satélites e adaptación para posibles cargas útiles está deseñada para establecer comunicacións desde a Terra cara ao satélite. Conta cunha antena parabólica de 1,9 metros de diámetro e un rotador para o apuntamiento preciso da antena cara ao satélite. Este equipo permite realizar o seguemento de satélites en órbita, garantindo a estabilidade e precisión no proceso de comunicación. Ademais, a súa flexibilidade permite adaptarse a futuras cargas útiles, ampliando as posibilidades de uso e mellorando a versatilidade do sistema de comunicacións.
EQUIPOS
Antena parabólica de 1,9 metros
Rack sdr para procesamento de sinal
Rotadores e controlador da antena.
SERVIZOS ASOCIADOS
- Operación de satélites
- Recepción e transmisión de señales de banda S
CONTACTA CON NÓS
Admón. atlanTTic
Acceso
Servizo prestado en modalidade de autoservizo (equipo remoto con acceso web)
Servizos suxeitos a dispoñibilidade e baixo reserva previa.
Non incluidas horas de planificación ou formación sobre uso dos equipos (solicitar cotización).
Equipo non portátil (non se pode desprazar da súa ubicación).
Debido á ubicación onde se atopan os equipos e as súas características de licenzas, o seu uso debe de ser exclusivamente para o ámbito dos compoñentes espaciais ou comunicacións espaciais baixo a normativa actual de radiofrecuencia ou dos espazos onde se ubican.
Requírese que o usuario adquira a licenza de radiofrecuencia e de operador estatal (non incluido dentro do servizo).
Se o equipo se ve perxudicado durante o seu uso en formato autoservizo (necesaria formación previa), será por conta do usuario a reparación e reposición da súa funcionalidade completa
Se se require algunha necesidade espacial, a tarifa se especificará segundo: presuposto individual, atendendo ao tipo, duración do servicio, a ubicación e las necesidades que se acorden.