Rede Experimental de Campus

A rede experimental 5G/6G de campus constitúe unha infraestrutura piloto dinámica e actualizable, para a investigación en redes 5G e 6G ultradensas. A rede cobre o Campus Universitario de Vigo, integradas con arquitecturas SDN/P4 que permiten modificar desde a capa física ata o núcleo da rede. Incorpora tamén acceso en frecuencias de ondas milimétricas. Está concibida como un “laboratorio vivo” e banco de probas para validar novos protocolos, algoritmos e casos de uso, así como avaliar as dimensións de seguridade, privacidade e confianza necesarias para a explotación destas redes.

EQUIPOS

  • Sistema de mini hangar robótico para operacións de UAVs e a medición de sinais desde o aire.
  • Escáner FR2, sistema de medición de nivel de sinal 5G en banda de ondas milimétricas
  • Servidor IMS para redes B5G
  • Equipo aeronáutico de comunicacións celulares que permite o despregue, control e xestión dunha rede privada.
  • Multi-orbit satellite channel emulator
  • Terminais móbiles para probas.

SERVIZOS ASOCIADOS

  • Soporte na posta en marcha de experimentos e na toma de resultados.
  • Apoio no deseño e desenvolvemento de novos protocolos e servizos.

CONTACTA CON NÓS

Entidade

ATLANTTIC

UVIGO

Ir ao sitio web Icono Flecha Derecha

Acceso

Uso in-situ. Servizos suxeitos a dispoñibilidade e baixo reserva previa
Material adicional (cables, conectores, software, etc) presupostable a maiores.
O equipamento débese utilizar nas instalacións de atlanTTic.

Subir ao principio Subir ao principio