Investigadores do CiQUS lideran un proxecto para para desenvolver un novedoso axente anticancro gañador da EIC Transition
11 de Abril de 2025
A convocatoria EIC Transition selecciona, na súa última edición, un proxecto do CiQUS, centro adscrito á USC e pertencente á Rede CIGUS – unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia que aglutina os centros do sistema que acreditaron a súa excelencia científica-.
O proxecto beneficiario desta convocatoria do Consello Europeo de Innovación, MEDiCS, está liderado polo Prof. José Luis Mascareñas, investigador Oportunius, e ten como obxectivo o desenvolvemento clínico dun novo axente anticancro.
MEDiCS, acrónimo de Anticancer approach based on the Metabolic Disruption of Cancer Stem Cells, é un proxecto que pivota sobre o potencial preclínico que demostrou unha familia de complexos metálicos baseados en rutenio para combater certos tumores.
Neste punto da investigación, o obxectivo do equipo de Mascareñas é avanzar na madurez da tecnoloxía completando a fase preclínica, necesaria antes de comezar os ensaios clínicos en humanos. O proxecto buscará mellorar o comportamento deste novedoso composto na etapa preclínica fronte a dous tipos de cancro particularmente desafiantes: o de páncreas, pola súa elevada prevalencia, e o de colon, pola súa alta letalidade, ambos con un enorme impacto na sociedade. Para levar a cabo a súa investigación, o consorcio liderado desde o CiQUS obtivo 2,5 millóns de euros durante os próximos tres anos.
Os equipos que traballan nesta investigación xa recibirán o apoio doutros programas como Ignicia – iniciativa de transferencia da Xunta de Galicia que promover o desenvolvemento de aplicación comerciais das investigación xeradas en Galicia -.
Este proxecto é o segundo EIC Transition que consigue o Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS), e convirte á Universidade de Santiago de Compostela xunto á Universitat Pompeu Fabra como as única universidades española, que conseguiron o dobrete neste programa.
O programa EIC Transition está deseñado para pechar a fenda entre a investigación en etapa temperá e as innovacións listas para o mercado, co obxectivo de madurar tecnoloxías prometedoras demostrar a súa viabilidades en aplicacións no mundo real e encamiñalas cara a comercialización.