Investigadores do CITIUS organizan a 27.ª edición da Conferencia Europea de Intelixencia Artificial

22 de Decembro de 2023

Investigadores do CITIUS organizan a 27.ª edición da Conferencia Europea de Intelixencia Artificial

Senén Barro, Alberto Bugarín e José Alonso, investigadores do CITIUS, que pertence á Rede CIGUS, unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia que aglutina os centros do sistema que acreditaron a súa excelencia científica, organizan a 27.ª edición da Conferencia Europea de Intelixencia Artificial. Este evento realizarase entre o 19 e o 24 de outubro de 2024 en Santiago de Compostela.

Presentación de propostas: ECAI 2024


A organización informa das datas clave para a presentación de propostas para todos os subcampos de intelixencia artificial (IA) e investigadores de calquera grao de experiencia investigadora. A continuación, as datas claves de límite de presentación:

• Workshop proposals: luns, 15 de xaneiro de 2024
• Tutorial proposals: xoves, 15 de febreiro de 2024
• Papers: xoves, 25 de abril de 2024 (o límite para entregar o resumo é o 19 de abril, unha semana antes)
• Demos: xoves, 9 de maio

Subir ao principio Subir ao principio