O CiMUS participa na posta en común do coñecemento en cancro da man da AECC
7 de Setembro de 2024

Mabel Louza, a directora científica do CiMUS, centro que pertence á Rede CIGUS, unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia que aglutina os centros do sistema que acreditaron a súa excelencia científica, participou onte na «Sesión AECC- SEBBM. Onde estamos e a onde imos en investigación en cancro». Na sesión puxo en valor, durante a súa intervención, a importancia da investigación básica para poder entender os mecanismos, pero tamén a importancia da investigación preclínica, unha materia pendente no noso país.
A xornada enmarcouse no 46.º Congreso da Sociedade Española de Bioquímica e Bioloxía Molecular, levado a cabo esta semana na Coruña, e contou coa intervención de 15 relatores de perfís diversos, que abarcaban a investigación, os medios de comunicación, a representación institucional e a parte de pacientes, encargados de dar unha visión integral sobre o cancro e a investigación oncolóxica actual.