O CINBIO incorpórase como organismo de apoio á comunidade Procure4Health

1 de Agosto de 2023

O Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO), que pertence á Rede CIGUS, unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia que aglutina os centros do sistema que acreditaron a súa excelencia científica, uniuse como organización de apoio á Procure4Health, unha comunidade que fomenta a adopción de accións innovadoras no ámbito da saúde en toda Europa.

O CINBIO, que se incorpora como organismo de apoio, ten a posibilidade de asesorar, brindar servizos tecnolóxicos para o desenvolvemento de innovacións no campo da saúde e formar parte dos grupos de traballo da comunidade para participar en futuras actividades de consulta de mercado. Procure4Health conta con 33 socios fundadores que promoven activamente a innovación a través do intercambio de coñecementos e o desenvolvemento de capacidades, a creación de redes, a identificación de necesidades comúns e o lanzamento de accións conxuntas para abordalas.

Subir ao principio Subir ao principio