O CiTIUS busca catro profesionais para traballar nun proxecto interdisciplinario

10 de Agosto de 2023

O Centro de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela (CiTIUS), que pertence á Rede CIGUS, unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia que aglutina os centros do sistema que acreditaron a súa excelencia científica, busca catro perfís profesionais para proxectos de investigación de carácter interdisciplinario.

O Laboratorio de Realidades Intanxibles (IRL), que explora as interseccións entre ciencia, arte e tecnoloxía dentro do CiTIUS, necesita desenvolvedores, artistas, científicos e investigadores con talento e motivación para abordar distintos proxectos na vangarda da nanociencia, a arte dixital, a realidade virtual, a interacción persoa-ordenador e a neurociencia. Este equipo interdisciplinario estará liderado polo IP David Glowacki, para explorar as realidades intanxibles cuxas forzas conforman a nosa experiencia do mundo.

Consulte os detalles das catro vacantes profesionais no CiTIUS aquí.

Subir ao principio Subir ao principio