O investigador Juan M. Garrido do CRETUS gana o Premio de Transferencia de Tecnoloxía Fernando Calvet Prats

11 de Xuño de 2024

O investigador Juan M. Garrido do CRETUS gana o Premio de Transferencia de Tecnoloxía Fernando Calvet Prats

A Real Academia Galega de Ciencias e a Axencia Galega de Innovación outorgáronlle o Premio de Transferencia de Tecnoloxía Fernando Calvet Prats ao caso de éxito sobre o desenvolvemento dunha tecnoloxía innovadora para a extracción de estruvita de augas residuais, desenvolvida por Dafne Crutchik, profesora da Universidade Adolfo Ibáñez de Santiago de Chile, e Juan M. Garrido, investigador principal no CRETUS, centro que pertence á Rede CIGUS, unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia que aglutina os centros do sistema que acreditaron a súa excelencia científica.

A lexislación obriga a eliminar o fósforo da auga nas depuradoras, pero é posible recuperalo e reutilizalo como substancia útil. Entre os compoñentes do fósforo destaca a estruvita, un mineral moi apreciado na Unión Europea como fertilizante agrícola. Esta tecnoloxía, que conta con dúas patentes (unha española e outra europea), foi transferida con éxito á empresa Aqualia.

O Premio de Transferencia de Tecnoloxía Fernando Calvet Prats, dotado con 5000 euros, premia conxuntamente o grupo de investigación que creou a tecnoloxía transferida, neste caso o Grupo de Biotecnoloxía Ambiental (BioGroup) da USC e a empresa ganadora Aqualia.

A entrega de premios terá lugar o próximo 19 de xuño ás 19.00 horas no pazo de San Roque en Santiago de Compostela.

Subir ao principio Subir ao principio