O proxecto Facendo 4.0 alcanza un 84 % de execución no seu segundo ano con 117 accións realizadas e 18,8 millóns de euros investidos
2 de Decembro de 2022

O proxecto Facendo 4.0 (Competitividade Industrial e Electromobilidade a través da Innovación e a Transformación Dixital), liderado por Stellantis Vigo, encóntrase ao 84 % de execución no seu segundo ano tras a revisión do estado de avance das accións en curso realizadas polos socios. Xa son 117 as accións realizadas ao amparo do proxecto no que se investiu ata o momento unha contía de 18,8 millóns de euros. Na iniciativa participan o CTAG, Gradiant, Aimen e a Universidade de Vigo, a través do centro CINTECX e atlanTTic, centro investigador que forma parte da Rede CIGUS. Cun período de execución de 31 meses, que finaliza en abril de 2023, os socios de Facendo 4.0 investirán na súa totalidade 22,3 millóns de euros, cunha axuda pública de 12,2 millóns de euros da Axencia Galega de Innovación (GAIN), e cofinanciado con fondos FEDER da Unión Europea.
La iniciativa basa sus investigaciones en tres líneas diferentes. La primera de ellas, la Fábrica del Futuro, pretende generar nuevo conocimiento sobre procesos productivos, flexibles, con la mínima huella de carbono, para la fabricación de vehículos eléctricos. La segunda, el Vehículo del Futuro, se basa en el estudio de nuevos sistemas e interfaces conectadas e inteligentes que permitan el desarrollo de productos innovadores y dispositivos para las futuras gamas de vehículos eléctricos. Finalmente, en materia de Conectividad e Infraestructura IT se investigan y evalúan las tecnologías asociadas a la conectividad, la IoT y el cloud para mejorar las prestaciones (disponibilidad, seguridad, automatización, agilidad) y la competitividad de la infraestructura IT que da servicio a los procesos y productos.
A participación da UVigo no proxecto Fábrica ecoamigable e Smart connectivity son os dous paquetes de traballo cos que investigadores e investigadoras da UVigo participan en Facendo 4.0. Green factory e Mantemento preditivo son as actividades máis destacadas do paquete Fábrica amigable, mentres que Automatización da xestión de recursos, é a máis destacada das accións de Smart connectivity. É precisamente no segundo paquete, o Smart connectivity, onde participan activamente investigadores do centro da UVigo e da Rede CIGUS, atlanTTic. Este céntrase no deseño dun sistema automatizado de asignación de recursos por slice de rede. Trátase de aplicar a técnica do network slicing, onde se poden crear múltiples redes virtuais sobre unha infraestrutura física compartida común, dividindo as arquitecturas de rede tradicionais en elementos virtuais que se poden vincular a través do software. Como resultado desta actividade, espérase coñecer completamente a arquitectura de rede no tocante á planta e o seu contorno e dispoñer dun sistema automatizado de asignación de recursos por slice de rede.