O proxecto PolyDeep do CINBIO recibe o premio Francisco Guitián Ojea
19 de Maio de 2023
O proxecto PolyDeep do CINBIO, pertencente á Rede CIGUS, e que está liderado por Miguel Reboiro e Daniel González do grupo SING, acaba de recibir un dos Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2022 da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) con colaboración da Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia.
Concretamente, o galardón recibido é o Premio Francisco Guitián Ojea, que recoñece a PolyDeep como un traballo «de investigación aplicada, dirixido a recoñecer a creación, a cargo dun grupo de investigación, dunha tecnoloxía aínda non transferida e da que deriven claras aplicacións para o desenvolvemento socioeconómico de Galicia».
O premio está dotado coa cantidade de 6000 € e o acto de entrega realizouse o 15 de xuño ás 19:00 h no pazo de San Roque de Santiago de Compostela.