Participación destacada do CiQUS na Conferencia de Bürgenstock

16 de Maio de 2025

Participación destacada do CiQUS na Conferencia de Bürgenstock

A exclusiva Conferencia de Bürgenstock celebrada ese mes de maio en Suíza contou cunha ampla representación  do persoal investigador do CIQUS, centro adscrito á USC e pertencente á Rede CIGUS – unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia que aglutina os centros do sistema que acreditaron a súa excelencia científica-.

Bürgenstock reuniu a 140 participantes, investigadores de referencia internacional co obxectivo de debater investigacións punteiras no ámbito das ciencias moleculares.

A particularidade desta edición foi a presidencia do ex director do  CiQUS, e investigador Oportunius José Luis Mascareñas, que se converteu no terceiro científico español que ocupa este cargo nos 60 anos de historia do evento.

No programa científico do evento, que foi elaborado tamén por Mascareñas, figuraron referentes internacionais como o premio Nobel David MacMillanErick Carreira, editor xefe de JACS; Andreas Pfaltz, pioneiro en catálise asimétrica e ex presidente do encontro; ou Hagan Bayley, un dos inventores da secuenciación de ADN. Ademais, o actual director do CiQUS e investigador Oportunius, Diego Peña, impartiu unha charla sobre nanografenos e química en superficies durante o evento.

Ademais, o evento contou coa participación de Manuel Nappi como Junior Scientist Fellow dentro do competitivo programa JSP, unha plataforma de proxección para a nova xeración da química internacional, que este ano financiou 20 novos investigadores de distintos países

Subir ao principio Subir ao principio