POLÍTICA DE COOKIES
Esta política de cookies ten por finalidade informalo de xeito claro e preciso sobre as cookies que se utilizan na páxina web da Rede CIGUS.
Que son as cookies?
Unha cookie é un tipo de dispositivo de almacenamento e recuperación de datos que se utiliza no equipo terminal dun usuario coa finalidade de almacenar información e recuperar a información xa almacenada, segundo establece o artigo 22.2 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico.
Tipos de cookies
Existen tres tipos de clasificación das cookies:
1. Segundo quen sexa a entidade que xestione o dominio desde onde se envíen as cookies e trate os datos que se obteñan, pódense distinguir entre cookies propias e cookies de terceiros.
2. Segundo a finalidade das cookies, pódense distinguir catro tipos: cookies técnicas, cookies de preferencias, cookies de medición e cookies de publicidade comportamental.
3. Segundo o prazo de tempo que permanecen activadas, pode distinguirse entre cookies de sesión ou cookies persistentes.
Para máis información a este respecto, pode consultar a Guía sobre o uso das cookies da Axencia Española de Protección de Datos.
Cookies utilizadas na web
A continuación, identifícanse as cookies que están sendo utilizadas neste portal, así como a súa tipoloxía e función:
A páxina web da Rede CIGUS utiliza Google Analytics, un servizo de analítica web desenvolvida por Google, que permite a medición e a análise da navegación nas páxinas web. No seu navegador poderá observar cookies deste servizo. Segundo a tipoloxía anterior, trátase de cookies propias, de sesión e de análise.
A través da analítica web obtense información relativa ao número de usuarios que acceden á web, o número de páxinas vistas, a frecuencia e a repetición das visitas, a súa duración, o navegador utilizado, o operador que presta o servizo, o idioma, o terminal que utiliza e a cidade á que está asignado o seu enderezo IP. Esta información posibilita un mellor e máis apropiado servizo por parte deste portal.
Para garantir o anonimato, Google converterá a súa información en anónima truncando o enderezo IP antes de almacenalo, de forma que Google Analytics non se usa para localizar ou obter información persoal identificable dos visitantes do sitio. Google só poderá enviar a información obtida por Google Analytics a terceiros cando estea legalmente obrigado a iso. De acordo coas condicións de prestación do servizo de Google Analytics, Google non asociará o seu enderezo IP a ningún outro dato conservado por Google.
- _ga: De Google Analytics; Rexistra unha identificación única que se utiliza para xerar datos estatísticos sobre como utiliza o visitante o sitio web.; 2 anos; estatísticas;
- _gid: De Google Analytics; Rexistra unha identificación única que se utiliza para xerar datos estatísticos sobre como utiliza o visitante o sitio web.; 1 día; estatísticas;
- _gat: De Google Analytics; Utilizado por Google Analytics para controlar a taxa de peticións.; 1 día; estatísticas;
Outra das cookies que se descargan é unha cookie de tipo técnico denominada JSESSIONID. Esta cookie permite almacenar un identificador único por sesión a través do que é posible vincular datos necesarios para posibilitar a navegación en curso.
Por último, descárgase unha cookie denominada show cookies, propia, de tipo técnico e de sesión. Xestiona o consentimento do usuario para o uso das cookies na páxina web, co obxecto de recordar aqueles usuarios que as aceptaron e aqueles que non, de modo que aos primeiros non lles apareza información ao respecto na parte superior da páxina.
Aceptación da política de cookies
Ao premer o botón vostede acepta expresamente o uso de cookies. Teña en conta que, se acepta as cookies de terceiros, deberá eliminalas desde as opcións do navegador ou desde o sistema ofrecido polo propio terceiro.
Como modificar a configuración das cookies
Pode restrinxir, bloquear ou borrar as cookies da Rede CIGUS ou de calquera outra páxina web utilizando o seu navegador. En cada navegador a operativa é diferente, a función de «Axuda» mostraralle como facelo.