POLÍTICA DE PRIVACIDADE
Aviso de política de protección de datos de carácter persoal
Mediante este aviso, a FUNDACIÓN EMPRESA UNIVERSIDADE GALEGA (en diante, FEUGA) informa as PERSOAS USUARIAS da PLATAFORMA TECNOLÓXICA www.cigus.gal sobre a súa política de protección de datos de carácter persoal para que estas determinen libre e voluntariamente se queren facilitarlle a FEUGA os datos persoais que se lles poidan requirir ou que se poidan obter con ocasión da subscrición ou alta nalgúns dos servizos ofrecidos por FEUGA na PLATAFORMA TECNOLÓXICA ou a través desta.
A normativa de aplicación impón unha serie de obrigas e establece, así mesmo, os dereitos das persoas en materia de protección de datos de carácter persoal. Para o correcto coñecemento e, de ser o caso, exercicio dos dereitos que puidesen corresponderlle, cómpre que a PERSOA USUARIA lea detidamente este aviso.
FEUGA reserva para si o dereito a modificar este aviso para adaptalo ás novidades lexislativas ou xurisprudenciais, así como modificacións ou prácticas da industria. En tales casos, avisarase con antelación prudencial dos cambios que se vaian introducir na política de protección de datos e de cando comezarán a producir plenos efectos.
Os únicos datos persoais aos que FEUGA terá acceso serán aqueles que a PERSOA USUARIA facilite voluntariamente. Neste sentido, é preciso que a PERSOA USUARIA saiba que se lle solicitarán datos de carácter persoal para a alta e rexistro na PLATAFORMA TECNOLÓXICA, a solicitude de información ou de contacto coa PERSOA USUARIA ou a subscrición nos nosos boletíns ou newsletter. Entre eses datos existen algúns absolutamente necesarios para acceder á PLATAFORMA TECNOLÓXICA e gozar de determinados servizos e contidos. Por iso, a PERSOA USUARIA non poderá acceder nin utilizar determinados servizos e contidos nos casos e respecto dos datos nos que así se informe expresamente se non nolos facilita.
Respecto dos datos persoais da PERSOA USUARIA que sexan facilitados, só poderán ser obxecto de tratamento automatizado e cedidos na forma e coa finalidade establecida e expresamente autorizada pola PERSOA USUARIA. Para estes efectos, os mencionados datos serán incorporados a un ficheiro cuxa titularidade e responsabilidade lle corresponde a FEUGA.
A finalidade da recollida, tratamento e cesión dos datos persoais facilitados pola PERSOA USUARIA a FEUGA é o desenvolvemento de toda a actividade relacionada coa PLATAFORMA TECNOLÓXICA e, en particular, a xestión, desenvolvemento, administración, prestación, actualización, personalización e mellora dos servizos e contidos desta que a PERSOA USUARIA utilice, o estudo estatístico dos servizos e contidos utilizados, gustos e preferencias das PERSOAS USUARIAS.
Así mesmo, e como parte da mencionada finalidade de desenvolvemento da actividade da PLATAFORMA TECNOLÓXICA, enviaranse por diferentes medios cuestionarios, información, avisos etc. relacionados con FEUGA, os seus servizos e contidos e as súas empresas provedoras a través da PLATAFORMA TECNOLÓXICA. Tocante ás enquisas e formularios, o seu envío ás PERSOAS USUARIAS non supón nin implica obriga nin compromiso ningún por parte destas de respondelos.
A base xurídica do tratamento consiste no interese lexítimo de FEUGA (en canto ao envío de comunicacións sobre actividades da fundación e ao funcionamento da PLATAFORMA TECNOLÓXICA e o das súas aplicacións), na concertación ou subscrición de servizos (e a súa xestión) e no consentimento prestado para o caso concreto (que pode retirarse, o que impediría a continuidade do tratamento). Tamén se poderá utilizar a información da persoa usuaria para o cumprimento das diferentes obrigas legais de FEUGA.
En cumprimento da normativa vixente, FEUGA adoptou as medidas e técnicas necesarias para manter o nivel de seguridade requirido atendendo aos datos persoais tratados. Así mesmo, está dotado dos medios precisos ao seu alcance para evitar na medida do posible os accesos non autorizados, subtraccións e modificacións ilícitas e a perda dos datos. Non obstante, a PERSOA USUARIA debe quedar informada e advertida a través deste aviso de que tales medios non son infalibles e inexpugnables e, polo tanto, FEUGA non pode facerse responsable de tales prácticas.
A PERSOA USUARIA ten recoñecidos os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade; pode exercitalos por escrito mediante unha carta dirixida a FEUGA (rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n (Campus Vida), 15705 Santiago de Compostela) ou mediante unha mensaxe electrónica ao seguinte enderezo: feuga@feuga.es. En calquera dos dous casos, indicará de forma visible «Política de privacidade» e anexará unha copia do seu DNI.
En calquera momento no que se lle soliciten á PERSOA USUARIA datos de carácter persoal a través da PLATAFORMA TECNOLÓXICA facilitaráselle o correspondente acceso á información recollida na política de privacidade.
Os datos conservaranse durante o tempo necesario para os usos e a prestación dos servizos contratados ou subscritos e, en relación cos envíos de boletíns ou newsletter, ata que soliciten o cesamento de tales envíos (poderán facelo cunha mensaxe a feuga@feuga.es).
Para operacións concretas, como cursar inscricións, será necesario prestar o consentimento expreso para o tratamento dos seus datos, activando o pertinente cadro, nos formularios que se despreguen ou descarguen.
O consentimento prestado pode retirarse en calquera momento cunha mensaxe dirixida a feuga@feuga.es. Así mesmo, pode presentar unha reclamación ante a autoridade de control en materia de protección de datos (en España, a Axencia Española de Protección de Datos) se aprecia un tratamento inadecuado dos seus datos.
En todo caso, e sen prexuízo do contido anterior, será de aplicación á política de protección de datos de carácter persoal de FEUGA o disposto no Regulamento xeral de protección de datos e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais ou aquelas normas que a substitúan.