Un equipo do CiQUS mellora o tratamento do ictus isquémico

4 de Xaneiro de 2024

O estudo, titulado acaba de ser publicado en Journal of Nanobiotechnology e aborda o emprego destes vehículos biomiméticos para mellorar o tratamento do accidente cerebrovascular isquémico

Un equipo do CiQUS mellora o tratamento do ictus isquémico

Un equipo do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC (CiQUS), que pertence á Rede CIGUS, unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia que aglutina os centros do sistema que acreditaron a súa excelencia científica, publicou recentemente un estudo no que se formulan melloras no tratamento do ictus isquémico.

O estudo, titulado «Terapia trombolítica a base de nanotransportadores liofilizados derivados de plaquetas para el ictus isquémico», acaba de ser publicado en Journal of Nanobiotechnology e aborda o emprego destes vehículos biomiméticos para mellorar o tratamento do accidente cerebrovascular isquémico.

Esta investigación foi coordinada polos investigadorwes do IDIS Francisco Campos e Clara Correa, e Pablo del Pino, Beatriz Pelaz e Ester Polo por parte do CiQUS da USC. O traballo tamén se desenvolveu como parte da tese de doutoramento da investigadora do CiQUS Martina Migliavacca, unha das autoras principais.

Neste traballo recorreuse á nanomedicina para evitar os efectos secundarios do rtPA, xa que as nanopartículas poden protexer o fármaco da súa degradación e dirixir o tratamento ao trombo, onde debe facer efecto. Para iso recorreron ao uso de nanopartículas biomiméticas, formadas unicamente por membranas das plaquetas. Así, as partículas encapsulan o rtPA e camúflano no sangue, evitando que se degrade e que chegue ao trombo con maior facilidade.

Subir ao principio Subir ao principio